01 noviembre 2007

In memoriam



Sei que sin coñecela esta canción non che gustaría porque isto, para ti, non é música, pero sei que che gustaría simplemente polo feito de coverterse na excusa perfecta para comezar unha guerra dialéctica máis na que só podería haber un gañador, tí; por incontestable, por sagaz, por unha retranca digna de seres analizada, por brilante...moitas veces por cabezonería.

Sei que che gustaría un pouco máis, só un pouco máis, si che lera as súas verbas...porque fúcheste amando, dando ata o último salaio por algo que xamáis ninguén entendeu, creo que nin siquera tí fuches capaz de facelo...non foi doado respetalo vendo tanta dor, mais por primeira vez sentinche vulnerable.

Fúcheste hai dous días e aínda así sospeito que xa marcharas co derradeiro recordo, coa derradeira faciana recoñecida, coa derradeira verba articulada...e aínda así teño medo de que foses consciente de que os teus últimos pasos eran, de verdade, os derradeiros, porque de seres así presinto que tremabas de medo e non de frío. Endexamais saberemos se fomos quen de axudarte a marchar tranquilo.

Fúcheste, e non o parece, e non hai dereito a non terte e a que non te teñan eles, que aínda non imaxinan canto te querían. Fúcheste e non o parece por haber instantes nos que de verdade non o parece, instantes nos que teño que recordalo, instantes de obriga.

Fúcheste, e non sei si existe esa outra terra chamada ningures, si estás alí, aquí ou acolá.

Fúcheste, pero non te irás nunca.

9 comentarios:

Vampirilla Silvestre dijo...

Reivindicación do duelo non como preparación para o olvido senon como experiencia de vida. A terra ningures esta chea de experiencias que nos chean de vida.


Mil bicos con mil forzas

Anónimo dijo...

Creo que algo he pillado

besets xiqueta

Duna dijo...

Un fuerte abrazo.

DANI dijo...

Se me han escapado muchas palabras, pero creo haberme quedado con el sentimiento de melancolia que transmites.

Y la canción es preciosa.

Besos que no se van

Pilar M Clares dijo...

Leo y te mando un abrazo, sea cual sea la despedida. Muchos besos.

Raquel dijo...

¡Qué hermoso y qué triste, niña! Un beso.

Anónimo dijo...

Desde luego, si va dirigido a una persona en especial, como mínimo debería dar(se) una segunda oportunidad, y una tercera, una cuarta, y las que sean necesarias.

Y cómo sabes, y si no ya lo sabes, que me encanta leerte en gallego niña. Pero te quiero preguntar una cosa, con cuál transmites más, con el gallego o con el castellano?

Un abrazazo.

ELPULGARZITO dijo...

Don´t be sad, sadie!!! llevaba tiempo sin pasarme por tu casa y perdoname por ello, pero U know about my troubles.
Lo cual que gracias por los ánimos (ya te los di en mi casa)
"Consejos q vendo pero para mi no tengo...." (angel diavolo)
pero lo peor es no poder vernos en el encuentro "marchoso" de DiDi q putada, estaba deseando conocerte.
Besos
Cuidate

Anónimo dijo...

Me he perdido algunas cosas pero no lo más importante...y hace nada colgaba ésta misma canción en mi otro blog...x q me encanta.